Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 9.376 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 9.376 casos activos por coronavirus

0

Un total de 28.095 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.376 deles 1.603 son da área da Coruña, 963 da de Lugo, 1.272 da de Ourense, 1.082 da de Pontevedra, 2.126 da área de Vigo, 1.348 da de Santiago, e 982 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 79 están en UCI, 466 en unidades de hospitalización e 8.831 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 28.095 persoas curadas, rexistrándose 944 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 706.326.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre