Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 9.110 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 9.110 casos activos por coronavirus

0

Un total de 35.628 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.110 deles 1.840 son da área da Coruña, 1.042 da de Lugo, 812 da de Ourense, 1.233 da de Pontevedra, 2.361 da área de Vigo, 1.036 da de Santiago, e 786 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 110 están en UCI, 500 en unidades de hospitalización e 8.500 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 35.628 persoas curadas, rexistrándose 1.069 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 805.044.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre