Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 9.086 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 9.086 casos activos por coronavirus

0

Un total de 37.910 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.086 deles 1.869 son da área da Coruña, 1.194 da de Lugo, 720 da de Ourense, 1.235 da de Pontevedra, 2.380 da área de Vigo, 1.008 da de Santiago, e 680 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 97 están en UCI, 472 en unidades de hospitalización e 8.517 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 37.910 persoas curadas, rexistrándose 1.119 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 833.778.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.    

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre