Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 9.060 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 9.060 casos activos por coronavirus

0

Un total de 36.070 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.060 deles 1.835 son da área da Coruña, 1.071 da de Lugo, 781 da de Ourense, 1.213 da de Pontevedra, 2.347 da área de Vigo, 1.036 da de Santiago, e 777 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 106 están en UCI, 503 en unidades de hospitalización e 8.451 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 36.070 persoas curadas, rexistrándose 1.086 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 811.941.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre