Un total de 9.716 pacientes xa están curados
A Dirección Xeral de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 869, deles 215 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 124 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 261 da área de Vigo, 147 da de Santiago, e 27 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 61 están en unidades de hospitalización e 796 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.716 persoas curadas, rexistrándose 613 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 134.690.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.