Un total de 9.740 pacientes xa están curados
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 854, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 127 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 255 da área de Vigo, 145 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 60 están en unidades de hospitalización e 783 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.740 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 135.464.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.