Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 8.978 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 8.978 casos activos por coronavirus

0

Un total de 38.587 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.978 deles 1.854 son da área da Coruña, 1.139 da de Lugo, 689 da de Ourense, 1.242 da de Pontevedra, 2.388 da área de Vigo, 1.005 da de Santiago, e 661 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.444 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 38.587 persoas curadas, rexistrándose 1.132 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 840.867.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre