Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 8.638 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 8.638 casos activos por coronavirus

0

Un total de 40.557 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.638 deles 1.766 son da área da Coruña, 1.102 da de Lugo, 608 da de Ourense, 1.218 da de Pontevedra, 2.293 da área de Vigo, 962 da de Santiago, e 689 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 97 están en UCI, 434 en unidades de hospitalización e 8.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 40.557 persoas curadas, rexistrándose 1.170 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 865.340.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre