Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 773 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 773 casos activos por coronavirus

0

Un total de 9.896 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 773, deles 179 son da área da Coruña, 49 da de Lugo, 89 da de Ourense, 30 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 139 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 731 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.896 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 140.225.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre