Un total de 9.936 pacientes xa están curados
A Dirección Xeral de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 749, deles 170 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 82 da de Ourense, 29 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 136 da de Santiago, e 19 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 36 están en unidades de hospitalización e 710 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.936 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 141.331.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.