Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 7.930 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 7.930 casos activos por coronavirus

0

Un total de 26.270 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.930, deles 1.358 son da área da Coruña, 782 da de Lugo, 1.407 da de Ourense, 838 da de Pontevedra, 1.624 da área de Vigo, 1.251 da de Santiago, e 670 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 67 están en UCI, 414 en unidades de hospitalización e 7.449 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.270 persoas curadas, rexistrándose 889 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 663.251.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre