Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 678 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 678 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.033 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 678, deles 147 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 60 da de Ourense, 25 da de Pontevedra, 257 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 28 están en unidades de hospitalización e 649 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.033 persoas curadas, rexistrándose 617 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 145.644.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre