Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 670 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 670 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.446 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 670, deles 371 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 46 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 85 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 9 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.446 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 265.628.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre