Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 6.947 casos infectados por coronavirus

Galicia rexistra un total de 6.947 casos infectados por coronavirus

0

Un total de 1.841 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.947, deles 1.667 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 1.325 da de Ourense, 576 da de Pontevedra, 1.236 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 407 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 495 están en unidades de hospitalización e 6.379 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.841 altas de pacientes e 540 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 90.000.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre