Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 569 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 569 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.148 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 569, deles 139 son da área da Coruña, 38 da de Lugo, 52 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 112 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 23 están en unidades de hospitalización e 545 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.148 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 147.188.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre