Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 524 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 524 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.242 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 524 deles 119 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 44 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 194 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 14 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 22 están en unidades de hospitalización e 501 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.242 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 150.498.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre