Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 5.880 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 5.880 casos activos por coronavirus

0

Un total de 24.573 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.880, deles 964 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 1.449 da de Ourense, 595 da de Pontevedra, 1.005 da área de Vigo, 983 da de Santiago, e 329 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 325 en unidades de hospitalización e 5.507 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.573 persoas curadas, rexistrándose 856 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 616.297.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre