Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 5.747 casos infectados por coronavirus

Galicia rexistra un total de 5.747 casos infectados por coronavirus

0

Un total de 1.082 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.747, deles 1.169 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.129 da de Ourense, 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 143 permanecen en UCI, 716 están en unidades de hospitalización e 4.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 42.122.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Datos dos centros residenciais de servizos sociais

120

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre