Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 5.675 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 5.675 casos activos por coronavirus

0

Un total de 24.255 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.675, deles 911 son da área da Coruña, 542 da de Lugo, 1.489 da de Ourense, 564 da de Pontevedra, 995 da área de Vigo, 891 da de Santiago, e 283 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 317 en unidades de hospitalización e 5.311 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.255 persoas curadas, rexistrándose 847 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 609.516.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre