Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 5.551 casos infectados por coronavirus

Galicia rexistra un total de 5.551 casos infectados por coronavirus

0

Un total de 910 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.551, deles 1.148 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 1.041 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 1.069 da área de Vigo, 939 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 910 altas de pacientes e 297 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 36.799.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Datos dos centros residenciais de servizos sociais   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre