Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 465 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 465 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.356 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 465, deles 105 son da área da Coruña, 29 da de Lugo, 31 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 184 da área de Vigo, 92 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 están en unidades de hospitalización e 454 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.356 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 155.048.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre