Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.932 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.932 casos activos por coronavirus

0

Un total de 23.326 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 586.482.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre