Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.680 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.680 casos activos por coronavirus

0

Un total de 22.788 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.680, deles 784 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.601 da de Ourense, 401 da de Pontevedra, 592 da área de Vigo, 660 da de Santiago, e 167 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 231 en unidades de hospitalización e 4.408 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.788 persoas curadas, rexistrándose 808 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 572.690.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre