Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.601 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.601 casos activos por coronavirus

0

Un total de 22.277 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.601, deles 765 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 628 da de Santiago, e 147 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 4.342 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.277 persoas curadas, rexistrándose 797 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 560.887.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre