Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.461 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.461 casos activos por coronavirus

0

Un total de 17.572 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.461 deles 1.113 son da área da Coruña, 640 da de Lugo, 659 da de Ourense, 760 da de Pontevedra, 502 da área de Vigo, 608 da de Santiago, e 179 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 200 en unidades de hospitalización e 4.227 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.572 persoas curadas, rexistrándose 726 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son un home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e un home de 87 anos que estaba ingresado no HULA. Ademais, engádese o falecemento, no seu domicilio da área sanitaria de Lugo, dunha muller de 88 anos. Todos eles con patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 446.098.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre