Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.460 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.460 casos activos por coronavirus

0

Un total de 17.308 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.460 deles 1.110 son da área da Coruña, 679 da de Lugo, 602 da de Ourense, 736 da de Pontevedra, 511 da área de Vigo, 633 da de Santiago, e 189 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 4.211 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.308 persoas curadas, rexistrándose 721 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 440.382.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre