Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.449 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.449 casos activos por coronavirus

0

Un total de 18.071 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.449, deles 1.077 son da área da Coruña, 642 da de Lugo, 689 da de Ourense, 810 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 555 da de Santiago, e 164 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.213 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.071 persoas curadas, rexistrándose 727 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 459.234.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre