Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.432 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.432 casos activos por coronavirus

0

Un total de 18.316 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.432, deles 1.046 son da área da Coruña, 589 da de Lugo, 728 da de Ourense, 826 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 577 da de Santiago, e 154 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.201 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.316 persoas curadas, rexistrándose 729 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 465.341.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre