Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.365 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.365 casos activos por coronavirus

0

Un total de 16.525 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.365 deles 1.223 son da área da Coruña, 744 da de Lugo, 509 da de Ourense, 651 da de Pontevedra, 431 da área de Vigo, 626 da de Santiago, e 181 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 200 en unidades de hospitalización e 4.136 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.525 persoas curadas, rexistrándose 710 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron varón de 93 anos que faleceu no hospital privado POLUSA de Lugo, unha muller de 85 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e un varón de 89 anos que faleceu no CHUAC. Todos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 421.776.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre