Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.358 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.358 casos activos por coronavirus

0

Un total de 21.425 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358, deles 747 son da área da Coruña, 466 da de Lugo, 1.474 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 435 da área de Vigo, 581 da de Santiago, e 114 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 175 en unidades de hospitalización e 4.146 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.425 persoas curadas, rexistrándose 780 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 543.138.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre