Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.350 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.350 casos activos por coronavirus

0

Un total de 16.758 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350, deles 1.178 son da área da Coruña, 725 da de Lugo, 527 da de Ourense, 658 da de Pontevedra, 440 da área de Vigo, 637 da de Santiago, e 184 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 4.114 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.768 persoas curadas, rexistrándose 715 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron varón de 96 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e unha muller de 85 anos que tamén faleceu no HULA. Ambos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 426.934.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre