Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.350 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.350 casos activos por coronavirus

0

Un total de 17.167 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350 deles 1.114 son da área da Coruña, 687 da de Lugo, 551 da de Ourense, 702 da de Pontevedra, 489 da área de Vigo, 627 da de Santiago, e 180 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 214 en unidades de hospitalización e 4.104 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.167 persoas curadas, rexistrándose 721 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi un home de 82 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 434.864.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.    

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre