Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.336 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.336 casos activos por coronavirus

0

Un total de 14.933 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.336 deles 1.340 son da área da Coruña, 848 da de Lugo, 486 da de Ourense, 439 da de Pontevedra, 364 da área de Vigo, 679 da de Santiago, e 180 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 206 en unidades de hospitalización e 4.102 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.933 persoas curadas, rexistrándose 679 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron un home de 77 anos que estaba ingresado no CHUAC e unha muller de 87 anos anos que estaba ingresada no HULA. Ambos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 389.608.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre