Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.317 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.317 casos activos por coronavirus

0

Un total de 16.297 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.317 deles 1.237 son da área da Coruña, 745 da de Lugo, 511 da de Ourense, 611 da de Pontevedra, 406 da área de Vigo, 631 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 209 en unidades de hospitalización e 4.076 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.297 persoas curadas, rexistrándose 705 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron, un varón de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Lucus Augusti e un home de 86 anos que estaba ingresado no CHUAC. Os dous presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 416.411.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre