Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.301 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.301 casos activos por coronavirus

0

Un total de 15.651 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.301 deles 1.246 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 552 da de Pontevedra, 373 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 220 en unidades de hospitalización e 4.051 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.651 persoas curadas, rexistrándose 694 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 86 anos, que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 401.119.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre