Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.281 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.281 casos activos por coronavirus

0

Un total de 15.222 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.281 deles 1.304 son da área da Coruña, 814 da de Lugo, 473 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 366 da área de Vigo, 670 da de Santiago, e 184 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 221 en unidades de hospitalización e 4.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.222 persoas curadas, rexistrándose 681 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 394.634.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre