Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.264 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.264 casos activos por coronavirus

0

Un total de 21.106 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264, deles 757 son da área da Coruña, 494 da de Lugo, 1.351 da de Ourense, 573 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 552 da de Santiago, e 104 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.039 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.106 persoas curadas, rexistrándose 776 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 537.192.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre