Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.259 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.259 casos activos por coronavirus

0

Un total de 19.129 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.259, deles 964 son da área da Coruña, 524 da de Lugo, 799 da de Ourense, 795 da de Pontevedra, 514 da área de Vigo, 534 da de Santiago, e 129 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 203 en unidades de hospitalización e 4.023 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.129 persoas curadas, rexistrándose 747 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 486.731.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre