Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.243 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.243 casos activos por coronavirus

0

Un total de 13.792 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.243 deles 1.434 son da área da Coruña, 816 da de Lugo, 459 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 688 da de Santiago, e 159 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 4.028 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.792 persoas curadas, rexistrándose 662 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos, que estaba ingresado no CHUS, e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 367.340.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre