Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.230 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.230 casos activos por coronavirus

0

Un total de 13.965 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.230 deles 1.413 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 467 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 346 da área de Vigo, 662 da de Santiago, e 170 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.021 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.965 persoas curadas, rexistrándose 663 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 369.998.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre