Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.137 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.137 casos activos por coronavirus

0

Un total de 13.438 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.137 deles 1.446 son da área da Coruña, 804 da de Lugo, 417 da de Ourense, 308 da de Pontevedra, 337 da área de Vigo, 677 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 177 en unidades de hospitalización e 3.943 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.438 persoas curadas, rexistrándose 656 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 359.055.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre