Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.082 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.082 casos activos por coronavirus

0

Un total de 13.200 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.082 deles 1.445 son da área da Coruña, 796 da de Lugo, 412 da de Ourense, 279 da de Pontevedra, 327 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 171 en unidades de hospitalización e 3.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.200 persoas curadas, rexistrándose 656 falecementos. As catro últimas persoas falecidas foron dúas mulleres de 84 e 62 anos, que estaban ingresadas no HULA e no CHUAC, respectivamente; e dous homes de 88 e 59 anos, ambos ingresados no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 354.273.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre