Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 4.068 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 4.068 casos activos por coronavirus

0

Un total de 20.591 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.068, deles 787 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 1.123 da de Ourense, 630 da de Pontevedra, 390 da área de Vigo, 544 da de Santiago, e 108 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 185 en unidades de hospitalización e 3.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.591 persoas curadas, rexistrándose 769 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 523.412.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre