Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 359 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 359 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.307 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 359, deles 143 son da área da Coruña, 71 da de Lugo, 26 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 64 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 3 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 15 en unidades de hospitalización e 343 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.307 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 254.374.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.     

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre