Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 318 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 318 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.665 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 318, deles 63 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 17 da de Ourense, 5 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 314 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.665 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 191.945.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre