Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 313 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 313 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.633 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 313, deles 70 son da área da Coruña, 52 da de Lugo, 20 da de Ourense, 10 da de Pontevedra, 128 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 10 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en unidades de hospitalización e 310 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.633 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 185.374.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre