Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 311 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 311 casos activos por coronavirus

0

Un total de 10.590 pacientes xa están curados

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 311, deles 81 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 133 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 307 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.590 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 171.518.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre