Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 3.847 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 3.847 casos activos por coronavirus

0

Un total de 12.879 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.847 deles 1.387 son da área da Coruña, 786 da de Lugo, 362 da de Ourense, 250 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 644 da de Santiago, e 149 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 156 en unidades de hospitalización e 3.677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.879 persoas curadas, rexistrándose 648 falecementos. As últimas persoas falecidas foron un home de 82 anos, que estaba ingresado no CHUAC; dúas mulleres de 94 e 86 anos que estaban ingresadas no HULA, e un varón de 84 anos, tamén ingresado no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 344.011.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre