Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 3.742 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 3.742 casos activos por coronavirus

0

Un total de 12.771 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.742 deles 1.403 son da área da Coruña, 759 da de Lugo, 343 da de Ourense, 233 da de Pontevedra, 253 da área de Vigo, 607 da de Santiago, e 144 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 143 en unidades de hospitalización e 3.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.771 persoas curadas, rexistrándose 644 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 96 anos, que estaba ingresada no HULA e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 339.206.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre