Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 3.640 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 3.640 casos activos por coronavirus

0

Un total de 12.671 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.640 deles 1.392 son da área da Coruña, 730 da de Lugo, 340 da de Ourense, 226 da de Pontevedra, 237 da área de Vigo, 582 da de Santiago, e 133 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 124 en unidades de hospitalización e 3.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.671 persoas curadas, rexistrándose 643 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 90 anos, que estaba ingresado no HULA; e unha muller de 89 anos, que estaba ingresada no Hospital de Cee. Ámbolos dous tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 335.554.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre